martes, 23 de mayo de 2017

O alumnado de 3º de Primaria do Picacho e da Mata intercambiamos cartas para presentarnos.
Primeiro, desde O Rosal fixemos unha invitación que asinamos os 43 alumn@s de A e de B mandamos a carta con moita impaciencia por ter unha resposta.
Aquí vedes como estamos preparando a nosa carta:


 

Benvida

Benvidos e benvidas a este blog no que o CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal (Vigo) e o CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) amosarémosvos as actividades que estamos a facer en conxunto para dar a coñecer as nosas culturas e intercambiar experiencias.

O CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal está situado en Vigo, zona urbana, e a maioría do seu alumnado procede doutros países.

Pola outra banda. o CPI Manuel Suárez Marquier está situado no Rosal, zona rural, e a maioría do seu alumnado é galego.

Por estos motivos, elaboramos o Proxecto migrANDO, que ten como finalidade intercambiar experiencias e amosar toda a riqueza cultural, etnográfica e lingüística que posuímos.